Os representantes dos catro comités provinciais do SPDCIF na rolda de prensa celebrada onte pola mañá na CIG |
Onte, día 31 de agosto, os representantes dos catro
comités provinciais do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios
Forestais (SPDCIF) compareceron nunha rolda de prensa para denunciar a campaña
de desprestixio que a Xunta de Galiza está a levar a cabo contra os brigadistas
e o resto de persoal do servizo co obxectivo de xustificar a súa eliminación,
trasladando así as tarefas de prevención e extinción de lumes a novas empresas
que se irían crear através do Clúster da Madeira. Se xa a dirección dos dispositivos
está privatizada desde hai tempo, os últimos movementos claramente conducentes
a desfacerse do servizo producíronse xusto antes do inicio da campaña de
lumes, cando a Xunta pretendeu eliminar pola porta de trás 150 postos de
peón forestal.
Pero a estratexia da Xunta non para aí: complétase con contratacións através da empresa pública Seaga, que permite contratos máis precarios; coa disponibilización de material deficiente ou, directamente, coa falta do material mínimo; co incumprimento do convenio; co desvío de material e medios para outros usos (caso do "chascarrillo" do alcalde de Compostela, Gerardo Conde Roa); e, nomeadamente, coa falta de formación. “Trátase de dar a imaxe, de cara á opinión pública, de que este servizo non serve, que non cumpre co seu cometido, que os seus traballadores son incompetentes e que non teñen formación”, afirmou Fernando García, da CIG, engadindo que “o persoal que traballa no SPDCIF accedeu a ese servizo a través de procesos selectivos, están reclamando formación que non lles dá a administración nin a través da EGAP nin a través da Academia Galega de Seguridade, as propias organizacións sindicais facemos cursos porque se demanda esa formación que non se lles presta”. Formación, por certo, que é un dos elementos clave que vimos tamén demandando desde o CAE 112.
Diante desta tentativa do Partido Popular de utilizar o poder e a Xunta para desfacerse dos servizos públicos que son esenciais para a cidadanía e para o medio natural, o persoal do Centro de Atención de Emerxencias 112 Galiza manifesta, desde xa, o seu apoio absoluto ao persoal do SPDCIF, tal como nos últimos tempos ten manifestado tamén o seu apoio aos compañeiros de Seaga, de Grumir e, mais recentemente, do transporte sanitario, contra os intentos dos especuladores do PP de desfacerse ás caladas do que son a día de hoxe as súas responsabilidades de governo.