Imaxe da reunión de traballo dos comités de empresa de 061 e 112 |
Esta tarde produciuse unha nova reunión entre os Comités de Empresa de 061 e de 112 para continuar afondando na liña de traballo conxunto de cara ao recoñecemento e ampliacións dos dereitos dos respectivos planteis. Trátase, polo tanto, dun avance na unidade sindical que parte do recoñecemento de que, malia os intentos de manternos separados por parte das cúpulas directivas dos servizos, o persoal de ambos os servizos ten uns problemas comúns, con solucións tamén comúns. Nesa liña, acordouse convocar a primeira asemblea conxunta 112-061 na primeira quincena de xuño, que marque o inicio do traballo conxunto necesario para avanzar na converxencia e mellora das condicións laborais, e tamén nun mellor entendemento no traballo diario que unha e outra central de emerxencias realizan conxuntamente. Desde a Sección Sindical da CIG no 112 non podemos deixar de alegrarnos por esta decisión histórica e desexar e contribuir para que a unidade sindical ofereza en breve os interesantes resultados que todas e todos agardamos.