19.8.11

Folga no sector das ambulancias


Pilar Farjas, Conselleira de Sanidade
O próximo día 8 de setembro, entre as 0 e as 24 horas, o persoal das empresas aderidas ao convenio galego de transporte de enfermos e accidentados en ambulancia irá á folga. Anunciárono hoxe mesmo, através da CIG, os propios traballadores, que consideran que a folga é o único que camiño que lles deixa unha patronal que non quere cumprir o convenio pactado nin negociar un novo e que, ademais, anuncia recortes durísimos da man da Consellaría de Sanidade nun servizo público esencial. 
Desde o Comité de Empresa do CAE 112 Galiza só cabe apoiar a folga do sector das ambulancias e relacionar precisamente a situación insustentábel deses traballadores co desprezo xeral que o governo galego manifesta diariamente pola xestión das emerxencias e o socorro á poboación. Estas situacións de diminución radical dos cadros de persoal son normais cando se entregan os servizos públicos a empresas privadas que o único que procuran é o lucro, canto mais directo e máis escandaloso, mellor. | + info