15.5.11

Ribeira: 112 presente!

Faixa reclamando a implicación de Feijóo no conflito do 112

A campaña de visualización en campaña eleitoral continúa. Onte estivemos no mitin do Partido Popular de Ribeira, onde falaron dous dos responsábeis do conflito no Centro de Emerxencias de Galiza. En primeiro lugar, Manuel Ruíz Rivas, candidato á alcaldía e a persoa que no seu día, sendo voceiro do grupo parlamentar do PP e xusto antes das eleccións á Xunta que deron o poder ao seu partido, prometeu unha solución rápida á situación do 112. Polas súas promesas incumpridas estivemos en Ribeira denunciando o seu modo de facer: moito de prometer e nada de cumprir. 

Momento en que somos apartados pola Policía Local entre as ameazas do seu xefe

Tamén falou Núñez Feijóo, o responsábel dos atropelos dos seus conselleiros, especialmente de Alfonso Rueda no que se refere ao 112. Por iso a faixa que despregamos poñía "Feijóo 112 Solución", reclamando que quen di ser presidente de todos se implique de verdade en apagar os lumes que os seus conselleiros van por aí prendendo. E todo iso malia a actitude hostil do xefe da Policía Local de Ribeira, moi preocupado con que a faixa ficase o máis retirada posíbel e lonxe de Feijóo, e que chegou a ameazarnos con demandas pola vía xudicial polo terríbel delito de estarmos na vía pública cunha faixa. 

O coche de Feijóo detense diante da faixa do 112