19.5.11

112 volve aos mitins de campaña

Faixa despregada do 112 entre os asistentes ao mitin
112 Xunta Culpable
Xa o avisamos noutras ocasións. Se os responsábeis políticos da Xunta de Galiza non cumpren as promesas feitas ao persoal do 112 e non avanzan a solución que vimos procurando desde hai anos, o persoal do 112 participaremos activamente nas eleccións municipais para pormos de relevo a neglixencia da xestión do Partido Popular.

Momento en que Alfonso Rueda se decata da faixa despregada do 112
No mitin celebrado esta noite en Teo, Alfonso Rueda, responsábel da Consellaría da Presidencia, da que depende o 112, asistiu a un exemplo de cómo o persoal do Centro de Emerxencias temos pensado actuar nos próximos días. Estaremos en mitins e noutros actos de campaña para reclamar a atención dos votantes e simpatizantes do PP e informalos de verdade de cómo goberna o PP.