27.4.11

"Rueda, sae e dá a cara"


Este martes, como todos os martes do último mes, o persoal do 112 volveuse concentrar na rúa, nesta ocasión diante da Xunta de Galiza reclamando que Alfonso Rueda se faga cargo da solución do conflito, dado que tanto Juan José Muñoz, xerente da Axega, como Santiago Villanueva, director xeral de emerxencias, se teñen revelado como absolutamente incompetentes á hora de xestionar a problemática do 112. As últimas mentiras de Villanueva non só non convenceron a ninguén, senón que nos empuxan a seguir mobilizándonos de cara á campaña de eleccións municipais para as que quixeron silenciarnos. Pero nos non vamos ficar calados.