Alfonso Rueda, o responsábel número 1 do conflito. |
Hoxe pola mañá, persoal do 112 continuamos coa campaña de información a outros traballadores e traballadoras, tal e como vimos realizando nas últimas semanas. Nesta ocasión estivemos a informar e a repartir máis de 450 folletos informativos entre as 7h30 e as 8h00 ás portas na entrada dos edificios administrativos da Xunta de Galiza en San Caetano, xusto onde, o 19 de outubro de 2009, Alfonso Rueda, Conselleiro da Presidencia, nos prometeu unha rápida solución ao conflito nos termos que nós propúñamos. O feito de que aínda hoxe teñamos estado ás portas da Xunta só pode ter unha leitura: que as emerxencias e a súa xestión, a este PP e aos seus responsábeis lles importan mais ben pouco.