Santiago Villanueva e Alfonso Rueda durante a presentación da maqueta da nova sé do 112 Foto: Xoanma Porto / El Correo Gallego |
Na última reunión mantida entre o Comité de Empresa, a Axencia Galega de Emerxencias e Telemark-Spain, Juan José Muñoz Iglesias, xerente da AXEGA, puxo como excusa a incapacidade económica do seu departamento para facer fronte ao pagamento das contías comprometidas no seu día co Comité de Empresa do 112 através da entón concesionaria, MkPlan 21. E iso malia que a referida contía supón apenas arredor de 150.000 euros anuais e malia a boa disposición do Comité de Empresa, disposto a negociar prazos. A excusa da AXEGA é que xa non dispón dun só euro do seu orzamento anual – dato, cando menos, sorprende se tivermos en conta que se acaba de facer pública a adxudicación do novo Centro de Atención de Emerxencias, que ten un prezo de 7 millóns de euros (mais outros 3,5 millóns para a plataforma informática), só uns meses despois de levar a cabo unha completa remodelación do actual CAE, por valor de 100.000 euros, que en breve ficará baleiro e sen uso. Enfin: máis unha mostra do modo como a AXEGA e a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior xestionan o diñeiro público – tamén o noso.