Na mañá de onte, 12 de abril, un grupo de traballadores e traballadoras do 112 estivemos concentrados diante do Parlamento de Galiza para facer ouvir as nosas exixencias. Através das palabras de orde "Non falta diñeiro, sobran ladróns", "Rueda, covarde, sal e dá a cara", "Non máis mentiras, queremos solucións" e o xa clásico "112: Solución", expresamos a nosa indignación polas mentiras recebidas por parte da Axencia Galega de Emerxencias e da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior. A concentración fai parte da campaña de visibilización da problemática do 112 que, xunto coa campaña de información através dos medios de comunicación e das volantinas repartidas nos principais puntos de aglomeración de veciños, está a un importante éxito entre a cidadania, moi interesada - evidentemente - en desfrutar dun servizo de calidade que só pode conseguirse coa fidelización do persoal do 112 através das melloras laborais e sociais xa comprometidas polo actual governo e que aínda non se puxeron en marcha.
13.4.11
Parlamento de Galiza: 112 presente!