10.4.11

Informativos de RNE: 112 presente!


Os protestos do 112 e a campaña de información cidadá están a dar os seus froitos. Hoxe, no informativo de RNE das 13h30, Óscar Valadares, do Comité de Empresa, tivo a oportunidade de explicar aos radio-ouvintes por que motivo nos atopamos nesta situación e tamén por que responsabilizamos en todo momento á Xunta de Galiza e nomeadamente á Axencia Galega de Emerxencias e á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior e aos seus máximos responsábeis, Juan José Muñoz e Santiago Villanueva. Mentres a situación non se reconduza, teremos que continuar coa nosa teima de informar á cidadanía, que ten todo o dereito a saber cal é a xestión que fai o PP das emerxencias e do 112. Agora, mais que nunca, continuaremos informando.