7.4.11

Informando


Este medio día, un grupo de traballadores do 112 fixemos un reparto de 300 panfletos informativos na entrada do edificio da CRTVG onde ten a sede o Centro de Atención de Emerxencias 112 Galiza, e puidemos explicar ás persoas coas que nos cruzamos cada día na entrada e na saída dos nosos respectivos postos de traballo as condicións de precariedade que seguimos soportando e as neglixencias e mentiras que temos que aturar por parte da Xunta de Galiza, da Axencia Galega de Emerxencias e da concesionaria Telemark-Spain. O feito de que aínda haxa algunhas persoas que pensan que o persoal do 112 é funcionario e ten unhas condicións de traballo normais demostra a necesidade de facermos esta campaña informativa que hoxe comezamos a pé de rúa e que se irá completando con novos actos de reparto e conversa nos próximos días. Os galegos e as galegas teñen que saber que a Xunta de Galiza é a responsábel absoluta das eivas que presenta o 112, tanto no servizo que presta como no trato aos seus propios traballadores.