5.4.11

112 presente na mobilización de Madrid

Faixa da cabeceira da manifestación
Isa Moares e Óscar Valadares, en representación do Comité de Empresa do CAE 112 Galiza, estiveron presentes na mobilización que a CIG convocou conxuntamente con outros sindicatos de clase bascos (ELA, LAB, STEE-EILAS, EHNE e HIRU), cataláns (CSC), canarios (IC) e agoneses (OSTA) contra as reformas laboral e das pensións pactadas pola patronal, o Goberno español e os sindicatos estatais CC.OO. e UGT.

A nosa presenza nesta manifestación, celebrada hoxe, 5 de abril, en Madrid baixo o lema “Polo dereito a decidir as nosas condicións laborais e sociais”, e que reuniu mais de 6.000 traballadores (dos cales arredor de 1.500 correspondían á CIG), mostra novamente o compromiso do Comité de Empresa do 112 coa defensa dos intereses dos traballadores, que non pasan por atrasar a idade de xubilación, por ter que cotizar durante mais anos, porque lles reduzan as pensións, nin por todo o empeoramento das súas condicións que se deriva da reforma laboral. E demostran tamén que continuamos convencidos de que, diante dos ataques contra os traballadores - sexan ataques xerais como os citados ou sexan ataques particulares como os que estamos a sufrir no 112 con esta empresa e esta Xunta neglixentes - a única resposta é a mobilización. Se agardamos que outros se mobilicen por nós, perderemos a oportunidade. E estaremos perdidos. Por traballos dignos, para nós e para o resto de traballadores, mobilización: non hai outro camiño.