Persoal do 112 diante da Dirección Xeral de Emerxencias |
Na mañá onte, un grupo de 25 traballadores e traballadoras do CAE 112 Galiza estivemos concentrados diante da sé da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior e da Axencia Galega da Emerxencias, ambas responsábeis pola xestión do 112. Exixíamos o desbloqueo das melloras que xa tíñamos pactadas e que agora nos queren negar, despois dunha reunión onde se os representantes destes organismos se dedicaron a mentir descaradamente. A Xunta colócase así á cabeza dos explotadores de Telemark-Spain SL, e procura, en lugar dun servizo público de calidade, un servizo de mínimos, neglixente, con persoal precarizado e pensando en fuxir do 112 en canto atope algun outro traballo mellor. Non nos serve a desculpa ridícula de que non hai diñeiro: a crise non a provocamos nós e os despilfarradores son eles, gastando os millóns de euros de orzamento dese departamento en calquera cousa menos en cumprir o que eles mesmos pactaron. Tentamos negociar, pero a nosa exixencia é firme e as condicións que nos queren impor son inasumíbeis. Non nos queda outra opción que continuar pola vía das mobilizacións. Adiante!