27.12.10

Non ao agasallo envenenado de Telemark!

Tanto ten que teñamos unhas regulacións de xornada, que teñamos secuencias que permitan a conciliación da vida privada e da vida laboral e que manteñan o persoal de xestión de emerxencias suficientemente descansado e preparado para situacións de forte tensión. Agora Telemark modifica esas condicións, pon máis horas de traballo para cada un de nós e faino ademais de maneira irregular, cargando a uns máis que a outros e sen que iso signifique unha maior remuneración económica. Por outras palabras: queren que en 2011 traballemos mais e cobremos o mesmo, o que significa, na práctica, que cobremos menos. Seguiremos cobrando esa cantidade non consolidada que nos fai perder capacidade adquisitiva e seguridade salarial, e que continúa a ser menor da marcada polo prego de condicións da subcontrata da Xunta. Máis unha proba do telemarketing puro e dunha xestión que permite ás empresas enriquecerse através da explotación de quen traballa. Velaquí o agasallo de Nadal de Telemark-Spain para o persoal do 112. Nós dicimos non. 

Non a máis traballo e menos salario.
Non a máis precariedade e menos servizo público