O Comité de Empresa mantivo antonte, día 13, unha reunión con Alfredo Suárez Canal (deputado do BNG no Parlamento de Galiza) para solicitarlle que realice unha pregunta parlamentar e que o goberno galego teña que responder sobre a situación de conflito no 112, xa que a teima da empresa en non respeitar os acordos e en negar o salario acordado, coa connivencia do Director Xeral de Emerxencias e da Consellaría da Presidencia, está a afectar á calidade do servizo público de atención de emerxencias. Talvez así Santiago Villanueva e Alfonso Rueda deixen de mirar para outro lado e de dicir que o problema é entre traballadores e empresa. Porque o problema non é ese. O problema é que a Xunta outorgou o servizo a unha empresa que non fai máis que causar precariedade para os traballadores e deficiencias no servizo á cidadanía.