27.11.10

As faixas volven ás pontes



As faixas volven ás pontes, á rúa, para comezar a denunciar publicamente o escándalo da xestión do Centro de Emerxencias de Galiza. A Xunta non nos quería escoitar e a empresa adiaba constantemente calquera reunión connosco, malia a gravidade de unha situación que xa ten sobre a mesa ameazas de degradacións e despedimentos. Agora teránnos que escoitar. Porque diante desas ameazas nós reclamamos o fin inmediato desta actitude hostil da empresa Telemark-Spain, que teima en xestionar o 112 como se fose un centro de venda telefónica, e que a Xunta de Galiza se comprometa a avanzar nas nosas reivindicacións en lugar de facer como se non fose con ela. Telemark culpábel. Xunta responsábel.