11.10.10

Traballamos de balde?

Xa sabíamos que Telemark non estaba disposta a pagar a cantidade que temos acordado no seu momento con MkPlan21 e coa Axencia Galega de Emerxencias. A súa actitude na primeira e última reunión a tres bandas, na que permaneceu calada mentres os noso Comité de Empresa era insultado e acusado de mentir, demostróunolo claramente. 

O que non esperábamos era que, ademais, fose incapaz de facer unhas nóminas correctas: todas diferentes, todas mal. Na maior parte dos casos, o salario base non se corresponde co acordado; noutros casos desapareceron os pluses salariais que se corresponden co noso traballo nocturno e de domingo; e até nalgún caso falta máis de medio salario, ao que hai que unir a teima da propia empresa en que negociemos nós coa anterior concesionaria a liquidación das vacacións porque ambas as empresas se negan a arranxar entre si as nosas liquidacións. Entón, volvemos ao de sempre? Imos traballamos de balde?