27.2.09

Pontevedra: 112 presente!

Persoal do 112 perante a ollada atenta das forzas de seguridade diante do Palacio da Cultura

O persoal do 112 estivemos no mitin de Touriño no Palacio da Cultura de Pontevedra, onde unha vez máis despregamos os cartaces no interior e exiximos dignidade laboral no exterior, desde onde podían ouvirnos perfectamente no interior, incluído Touriño e algunha conselleira, que mesmo se referiu a que durante o goberno do PSOE se tiña acabado coa presenza dos chamados "chiringuitos". Ben, o 112 ten xa tamén experiencia en chiringuitos: a AXEGA é un deles, un "ente" de xestión que só serve para que o seu xerente nos agradeza a profesionalidade polo noso comportamento profesional perante as emerxencias maiores. Nós queremos menos agradecementos e máis compromiso en dignificar as nosas condicións laborais.