25.2.09

Compostela: 112 presente!

Persol do 112 presentes á chegada de Touriño

Momento en que Touriño baixa do coche oficial e ouve as exixencias do 112 por enésima vez

Hoxe estivemos no encontro con empresarios que Touriño mantivo en Compostela. Dado que a xuntanza era de acceso restrinxido, tivemos que berrar as nosas exixencias fora, onde unha vez máis, o presidente tivo que ouvir o que tenta negar: o 112 é un servizo público, privatizado e precarizado, onde as traballadoras e os traballadores teñen que saír ás rúas para exixir unhas melloras que son de lei. Non queren escoitarnos, e sen embargo, ouvennos en todas partes: por un traballo digno e un servizo de calidade. Non será por falla de repetírmosllelo.