21.2.09

O Grove: 112 presente!

Momento en que un dos grupos do 112 desprega os cartaces por un traballo digno

Outro dos grupos do 112 é bloqueado e convidado a abandonar o recinto

A brutalidade foi a tónica xeral dos medios de seguridade privada do PSdG

Expulsados do Pavillón Municipal do Grove, o 112 proseguimos a protesta no exterior durante a saída de Touriño


Unha boa mostra do dano que están a facer as mobilizacións do 112 durante os actos de campaña de Emilio Pérez Touriño é a brutalidade con que se emprega a seguridade privada, como demostran as imaxes recollidas por varios medios de prensa presentes, e que, por certo, contrasta coa amabilidade e boa disposición das forzas de seguranza do Estado, que se limitan a acompañarnos para evitar movementos que, por outra banda, saben que non imos realizar. A nosa protesta é pacífica e as nosas exixencias son de lei. Os métodos da seguridade do PSdG son a violencia e as ameazas. Porén, insistimos nas nosas mobilizacións.