
Faixa culpabilizando a Xunta despregada no acto
112 estivo o mércores en Cangas, intervindo no mitin de campaña celebrado no auditorio municipal da vila pontevedresa, onde Touriño veu a dicir que o seu goberno non se esconde nos despachos, dá a cara e non cala a boca de ninguén. Por suposto, iso díxoo despois de que a seguridade do evento "convidase" a sair ás compañeiras e compañeiros do recinto.
Con todas, tiveron que escoitarnos á saída, cando pasaron diante do grupo de profesionais que exixían unha solución que só depende da administración e que non custa nada.