
Momento da rolda de prensa celebrada o 23 de febreiro de 2009
Entrevista a Isa Moares sobre as mobilizacións do 112
RNE - 23 de febreiro de 2009
Entrevista a Isa Moares sobre as mobilizacións do 112
Radio Galega - 23 de febreiro de 2009
Na rolda de prensa celebrada hoxe ás 12h00 no local da CIG en Compostela, o 112 explicamos unha vez máis a nosa situación laboral e as melloras exixidas; demos conta das mobilizacións realizadas até o momento e informamos da nosa intención de seguirmos a participar na campaña electoral a través de protestas nos actos e mitins do PSOE porque entendemos que de Touriño depende a rápida solución deste conflito. Unha vez máis, explicamos que xa chegamos a principios de acordo coa empresa prestataria do servizo, MkPlan21, e que é a administración a que bloquea a solución do conflito ao negarse a recoñecer o dereito dos traballadores á estabilidade laboral.
Pero, sen dúbida, o momento máis repetido da rolda de prensa foi o anuncio de que o 112, co acordo da asemblea de traballadores e traballadoras podería ir á folga a partir do primeiro de marzo. Así o recolleron diversos medios de comunicación, como Localia TV, RNE ou Radio Galega, ademais de axencias de noticias como a AGN, Europa Press, etc.