Forzas de seguridade pública e seguridade privada mantivéronnos afastados da saída do teatro, malia o cal a nosa presenza foi ben sentida por Touriño e os asistentes ao mitin
Como non podía ser doutro modo, un grupo de traballadoras e traballadores do 112 estivemos presentes no mitin que Emilio Pérez Touriño celebrou na Estrada. Os medios de seguranza impedíronnos tirar as fotografías e mesmo nos convidaron a saír do Teatro Principal antes de que tivésemos feito calquera movemento, polo que tivemos que continuar a nosa mobilización na rúa, onde á saída do acto varios asistentes se achegaron para interesarse pola nosa situación. Todo isto diante da ollada atenta das forzas de seguridade, que nos mantiñan a unha distancia considerábel do teatro, a pesar do cal a nosa presenza se puido sentir ben cando Touriño abandonaba o edificio.