28.1.09

A estratexia da Xunta: negar os problemas

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Telexornal Mediodía da TVG
28/01/2009 - 14h38

A estratexia dos últimos meses na Xunta parece ser negar os problemas. Primeiro negaron que o 112 fose un servizo público. Despois negaron que o goberno galego tivese algo a ver coas persoas que solucionan as emerxencias da cidadanía galega. Máis tarde negaron teren calquera chave para a solución do conflito, e, seguidamente, negaron até o conflito. E agora, simplemente, negan que no fin de semana o Centro de Atención ás Emerxencias se vise superado unha vez máis porque o dimensionamento é incorrecto e porque a empresa incumpre sistematicamente o número mínimo de xestores de emerxencias por quenda. Podemos xogar a negalo todo, mais iso non vai solucionar nada.