23.1.09

"Cada un no seu sitio" - 112 prosegue mobilizacións



Agardábamos que, tal como nos informaran, a administración dese algunha resposta ao informe emitido pola empresa MkPlan21, favorábel á subrogación, a mediados de xaneiro. Porén, xa sabemos como funcionan estas cousas na Xunta: sempre hai asuntos máis importantes que arranxar o que previamente se fixo mal ou viña mal feito. A súa estratexia parece ser a de gardar silencio. 

[Preme en "Ler máis" para veres o resto da nova]



Non sabemos o que pretenden, pero saben xa que as nosas mobilizacións non van parar. Por iso, en próximos días iniciaremos a nova campaña de información cidadá para pormos cada un no seu sitio. En primeiro lugar, Francisco Echeverría, responsábel da AXEGA, que se nega a recibir os representantes do persoal do 112; en segundo lugar, Mª Ester González Saavedra, responsábel da Dirección Xeral de Protección Civil, á que estaba adscrito o 112 até a creación da AXEGA e que incumpriu reiteradamente todas as súas promesas coas traballadoras e cos traballadores; en terceiro lugar, José Luis Méndez Romeu, Conselleiro da Presidencia da que dependia a DXPC e a AXEGA e que, ademais dun pavor infantil e ridículo á subrogación, é abondo altivo como para non enfouzar as mans cos problemas dos e das profesionais que dependen del; e, por último, Emilio Pérez Touriño: responsábel final de toda a xestión do goberno autonómico, tamén para as barbaridades que se cometen.