Representación dos traballadores concentrados diante do CGAC e do Museo do Pobo Galego en Compostela.
20 de novembro de 2008
Unha vez máis, os profesionais de emerxencias do 112 acudimos ao encontro do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, para facer visíbeis as reivindicacións ás que, por motivos que descoñecemos, aínda non responderon. Desta vez foi nos actos do aniversario da Cadena Ser, que se celebraron no CGAC de Compostela. Por suposto, as forzas de seguranza mantivéronnos ben separados do percorrido de Touriño. Debemos parecer moi perigosos... Sen embargo, canto máis lonxe, máis ruído e máis evidencias de que a Xunta ten a última palabra na situación de conflito deste servizo público básico.
Momento en que o coche oficial do presidente acelera bruscamente para apartar a Touriño das exixencias do 112.