9.11.08

112 segue a informar da precaridade do servizo aos medios colaboradores

Compañeiras do 112 na base de Bombeiros de Arzúa

A campaña de visitas do persoal do 112 segue adiante, desta vez na base de Bombeiros de Arzúa, que, como noutros casos nos deron a coñecer as problemáticas derivadas da privatización dun servizo público. Como en todas as anteriores visitas, comentamos a irresponsabilidade da Axencia Galega de Emerxencias, personificada no seu xerente Francisco Echevarría, e da Dirección Xeral de Protección Civil dirixida por Esther González Saavedra. E, sobre todo, compartimos con eles a necesidade dunha unión máis estreita entre os diversos organismos que integran o grande plantel de resposta e solución ás emerxencias dependente da Xunta de Galiza, en especial á hora de visibilizar a problemática pública que a administración teima en chamar simple desencontro laboral.