13.11.08

Exixencias de mínimos

Nunha nova visita, persoal do 112 explicou as dificultades e carencias do servizo a dous dos servizos de extinción máis importantes no leste galego: os Bombeiros comarcais de Valdeorras, con base na Rúa, e o GRUMIR de Monforte. As respostas foron as de costume, o que demostra unha certa consolidación da mentira sistemática da administración galega: "que é un conflito laboral". Tanto os medios de Valdeorras como os de Monforte amosaron, primeiro, incredulidade perante as condicións a que estamos sometidos todos os profesionais que facemos parte do CAE 112 e, segundo, un apoio firme e o convencemento de que estas reivindicacións sociais só poden cualificarse como "de mínimos exixíbeis".