
I. Pavón, I. Moares e O. Valladares na rolda de prensa ofrecida o 26 de novembro
Nos últimos días, ten aparecido en diversos medios de comunicación o comunicado da Xunta a que nos referíamos na entrada anterior, onde o analisábamos e púñamos de relevo as mentiras que contiña. Tamén diante dese comunicado convocamos para o mércores unha rolda de prensa, co obxectivo de que esa análise se fixese pública.
[Preme en "Ler máis" para veres o resto da nova]
A nosa comparecencia fixo con que os medios maioritarios (La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Galicia Hoxe), prestasen atención ao comunicado de prensa feito pola Xunta, que segue sen recoñecer calquera tipo de responsabilidade sobre o servizo. Diante diso, centrámonos nos puntos que deben ficar claros para todos: primeiro, que o persoal do 112 non perseguimos reivindicacións políticas coas nosas mobilizacións; segundo, que si son negociábeis coa empresa os puntos das nosas exixencias que lle corresponden, e que nese ámbito hai moito camiño avanzado; terceiro, que é a administración a competente para desbloquear o proceso de solución que xa temos adiantado coa empresa; e cuarto, que non imos deter as mobilizacións e que temos a firme resolución de incrementar a súa transcendencia se for necesario.
- Podes ver información sobre a rolda de prensa en Avantar