Compañeiras do 112 na base do AVPC-GRUMIR Noia
O persoal do 112 realizamos nestes días unha dobre visita. Por unha banda, visitamos dous dos organismos cos que o trato no 112 é máis estreito: a central provincial da Garda Civil en Ourense (C.O.S. Ourense) e Salvamento Marítimo (C.C.S. Fisterra - Porto do Son). Os problemas destes corpos non son moi diferentes dos nosos, aínda cando a súa xestión é estatal, de modo que a visita serviu principalmente para darlles a coñecer as carencias das que vimos falando en repetidas ocasións, tanto neste blog como nos diversos medios de comunicación.
[Ler máis]
Compañeiras do 112 co único voluntario dispoñíbel da AVPC Allariz,
o que non deixa de ser representativo da escasez de persoal
Por outra banda, tamén falamos con dous organismos integrados nos corpos de emerxencia xestionados pola Xunta de Galiza: o GRUMIR de Noia e a AVPC de Allariz, que, como non podía ser doutro modo, nos comunicaron as eivas coas que teñen que loitar día a día e tamén os problemas derivados dunha organización pouco eficiente dos equipos de loita contra as emerxencias. Acontece o mesmo en todos aqueles lugares en que preguntamos: ou hai escaseza de material ou hai escasez de persoal; algo que tamén vimos pondo de manifesto desde o Centro de Atención ás Emerxencias cando constatamos que a precaridade do servizo non é só na precaridade laboral dos e das que alí traballamos, senón toda unha problemática ao noso ver derivada da xestión privada dun servizo público.