Persoal do 112 durante
a visita á base de PC A Estrada
O mércores pasado, día 17 de setembro, compañeiras do 112 desprazámonos á vila da Estrada nunha visita informal aos traballadores e voluntarios de Protección Civil dese concello. Como sempre, esta visita non só serviu para mellorar e pór a punto as nosas relacións mutuas, imprescindíbeis para o noso traballo, senón para pormos tamén en común os problemas que enfrontamos día a día na xestión e na resolución das emerxencias. E todo isto á marxe da AXEGA e de departamentos da Xunta máis interesados na renovación estilística do mobiliario do Centro de Atención ás Emerxencias que en resolver o grave conflito que, como traballadores públicos, temos posto enriba da mesa.