24.9.08

112 retoma visitas aos medios de emerxencias do país


Persoal do 112 na base de Bombeiros de Pontevedra
xuño de 2008

O persoal do 112 seguimos explicando o noso conflito despois da exitosa campaña de información cidadá que temos levado a cabo nos últimos meses, grazas á que estivemos presentes nas cidades e nas principais vilas do país. Agora, diriximos a nosa atención aos medios de emerxencias e forzas de seguridade con que traballamos, retomando así a mobilización que xa tiñamos iniciado en xuño en Pontevedra, a onde nos desprazamos para explicar os nosos problemas aos bombeiros da cidade e para que eles tamén nos expuxesen os seus. Aquela xuntanza foi a primeira constatación do apoio mutuo entre os traballadores de emerxencias de Galiza: por un servizo público, de calidade, e non precarizado!