Xa sabíamos que é de interese pública o conflito mantido polo persoal do 112 polo recoñecemento do servizo público. Os traballadores e as traballadoras deste Centro de Atención ás Emerxencias vímolo mantendo desde o inicio: non se trata só dun conflito de ámbito laboral, senón dun problema social con todas as letras.
Por iso, non é de estranar a importantísima repercusión mediática que xerou a última mobilización desenvolvida. Son moitos os medios que ao longo de toda a xeografía do país se fixeron eco das nosas demanadas e da entrega de sinaturas de apoio. Así moitos medios e sobretodo os locais, que a miúdo están máis próximos da cidadanía, desenvolveron unha labor fundamental de información, desde varios puntos: as edicións en papel de El Correo Gallego, La Voz de Galicia, La Opinión de A Coruña, El Progreso, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra, El Ideal Gallego e Diario de Bergantiños. A isto hai que unir os medios xerais: TVG, TVE-G e Localia, as radios Cope, Ser, Onda Cero, Radio Galega, Radio 1 e Radio 5 de RNE, Punto Radio e Radio Obradoiro e as edicións dixitais de A Nosa Terra, AGN, El Progreso, El Correo Gallego, Avantar, agalega.info, Diario de Bergantiños e El Ideal Gallego. Hoxe, unha parte importante dos galegos e das galegas saben que algo non funciona nos seus servizos de emerxencias. Até cando? Por que?