No Comité de Empresa do CAE 112 Galiza estamos xa a traballar. E estaríamos máis se non fose pola falta de interese da parte da empresa. O día 14 de agosto, acabada de constituír formalmente a representación dos traballadores, solicitamos unha reunión coa parte empresarial para lles trasladarmos os puntos que se consensuaron na asemblea xeral do día 13 de agosto.
Os temas a tratar serán a elección das vacacións en relación ao período festivo de nadal e en relación ás persoas que aínda non disfrutaron os seus días correspondentes; o retraso e as irregularidades observadas nas nóminas do mes de xullo; o regulamento das condicións das operadoras de enlace (as denominadas "enlace 2" e "apoio a enlace"); e o regulamento das quendas das persoas que non están contratadas de luns a domingo e perden así o dereito de desfrutar os días libres na fin de semana.
A empresa non nega a reunión, que se insere no marco das que xa estabamos a celebrar a través das enlaces sindicais, pero opta por adiala até setembro aducindo que as súas representantes están de vacacións. Tamén están de vacacións alguns dos voceiros dos traballadores, que non obstante anunciaron a súa intención de acudiren igualmente á xuntanza solicitada. A leitura que facemos, polo tanto, é que MK Plan 21 non ten presa por solucionar os problemas do día a día no 112 de Galiza, así que esta nova traba súmase a todas as anteriores escusas, adiamentos e negativas da empresa.