20.8.08

Estivemos en Ribeira


A mañá do mércores 20 de agosto visitamos a vila de Ribeira para dar a coñecer as nosas reivindicaccións e recoller sinaturas de apoio para presionar á administración. Unha vez máis comprobamos que a xente é moi sensible á situación laboral do 112 e ás nosas demandas. Hai que destacar tamén o interese informativo que despertou nos medios de comunicación da zona e así entre Isa Moares e Óscar Valladares atenderon a La Voz de Galicia, Telesalnés, Tele Barbanza, a Cope de Ribeira e Radio Ribeira-Cadena Ser que se desprazaron até o Malecón de Ribeira onde tiñamos instalada a mesa de recollida de sinaturas. Ademais dos veciños e veciñas que asinaron solidariamente, repartíronse centos de folletos informativos explicando o conflicto laboral.