Esta mañá un grupo de traballadoras e traballadores do 112 e varios membros da CIG concentrámonos diante dos edificios da CRTVG, onde está ubicado o noso centro de traballo. Unha vez máis denunciamos a situación na que nos atopamos e así seguiremos até conseguir unha solución ás nosas demandas. Ao remate, e logo de atender a varias radios e axencias de noticias, mantivemos unha xuntanza coa empresa que se prolongou por algo máis de dúas horas.
Nesta reunión, que constou de dúas partes, a empresa comunicounos que non ía aumentar a súa proposta económica e que este e outros asuntos os debiamos tratar directamente coa Administración -precisamente hoxe confirmamos tamén unha reunión para este vindeiro xoves ás 13h co Xerente da Axencia Galega de Emerxencias e na que lle plantexaremos tamén as nosas demandas-. Nós manifestámoslles que non renunciaríamos a reivincacións para nós fundamentais tais como unha suba económica digna, a subrogación para todo o persoal e condicións sociais como a regulación do traballo nocturno ou o establecemento dun acordo sobre xubilación. De non conseguir unha solución agora manteremos a presión social sobre a administración facendo fincapé no periodo preeleitoral e eleitoral.
Informáronnos de que empresa aplicou xa unha suba salarial unilateralmente e sen o noso acordo xa que pretenden que poida absorver o IPC definitivo de 2008 e o inicial de 2009, o que non afecta por igual a todos os colectivos. Somos conscientes de que todo isto é froito das mobilizacións e presión feitas durante todos estes meses, xa que ninguén regala nada, pero consideramos que é manifestamente insuficiente.
É curioso que a empresa nos propoña a mesma saída ás nosas demandas que CCOO, que é facer un convenio estatal de todos os 112. Xa coñecemos a experiencia da negociación estatal do convenio de Telemárqueting e "todo" o que sacaron aí CCOO e UGT durante todos estes anos. Por iso non nos estrana que a empresa vexa esta posibilidade con bos ollos.
A segunda parte da xuntanza xa foi algo máis produtiva e así conseguíronse varios compromisos por parte da empresa referentes á rebaixa da xornada anual, a devolución de festivos, os calendarios anuais e de vacacións, ou a promoción interna entre outros. Cuestións, as máis delas, referentes ao día a día no noso traballo pero que é importante telas definitivamente asinadas pola empresa.
Ademais abriuse a posibilidade dun pacto que regule os "buscas" establecendo unha bolsa e pasando a ter unha compensación fixa mensual para quen se anote, e logo un prezo por cada hora traballada cando se active. Agardamos que non nos pase como noutras ocasións e que finalmente non quede en nada e podamos resolver unha das cuestións que máis se ten solicitado nas diferentes reunións, tanto coa empresa como coa administración.
Asimesmo acordouse constituir no menor prazo posíbel o Comité de Seguridade e Saúde.
Este xoves ás 16h, no local da CIG está convocada unha asemblea de traballadores e traballadoras para explicar polo miúdo esta xuntanza e a que ese mesmo día pola mañá manteremos co Xerente da Axencia Galega de Emerxencias.
[Ler máis]