A reunión celebrada coa empresa o pasado 13 de xuño só podemos valorala positivamente no sentido de que agora volven a producirse uns contactos inexistentes desde que demostraron que o anterior intento de negociación, hai un ano, fora un fraude. Polo resto, aínda que non se produciron avances importantes che nos acheguen á solución do conflito si temos algunha valoración que facer.
En primeiro lugar temos que decir que non imos a aceptar que se nos intente dividir por colectivos e así decidimos que ou hai unha solución que sexa aceptable para todo o cadro de persoal ou non haberá acordo. A proposta que se nos fixo vai polo camiño de mellorar a unha parte só do peroal e iso non o imos a aceptar.
En segundo lugar, só se nos fai unha proposta sobre a xornada anual e o salario deixando polo camiño moitas cousas que se teñen manifestado pola nosa parte como fundamentais tais como a regulación do traballo nocturno, a xubiliación ou a subrogación, por exemplo. A empresa e a Administración teñen que entender que non podemos pechar hoxe en falso e dentro dun tempo estar de novo mobilizándonos por non ter falado de temas que consideramos son fundamentais. Queremos unha solución global que adapten as condicións laborais no 112 ao traballo que realmente facemos e que se nos exixe por parte de empresa e Administración.
En canto ás propostas concretas, na parte económica cremos que é ridículo pensar, como xa dixemos, que imos a aceptar unha solución parcial que só afecte a unha parte do cadro de persoal. Ademais a proposta da empresa é pouco clara xa que esta suba absorvería todo (incluído pluses) até 31 de maio de 2009. Isto non é aceptable xa que o IPC deste ano xa vai no 4,6 ao que haberá que sumar o IPC provisional de 2009 (como mínimo un 2) máis a suba do convenio (0,25). Polo que non podemos aceptar unha proposta que non sabemos en que se concreta até dentro dun ano. O que firmemos ten que quedar claro o que é e canto representa. Ademais os pluses variábeis terían que negociarse aparte.
No horario anual hai que recoñecer que a proposta pode servir para comezar a falar e pensamos que a idea da empresa de facer unha "Bolsa de localización" cunha compensación debe negociarse porque pode ser unha boa solución. Todo iso con matices xa que hai partes como a proposta do horario de "Apoio a Enlace" que tampouco son de recibo.
Polo tanto agardamos que se sigan producindo máis xuntanzas e que as propostas se vaian achegando e podamos falar dunha auténtica negociación. Mentras tanto, tal e como lle temos manifestado á empresa, non imos parar as nosas mobilizacións e iremos aumentando progresivamente a presión sobre a Administración da cal, nos nos cabe dúbida, dependemos para unha solución definitiva ao conflito no 112.
[Ler máis]