A subrogación é o dereito que asiste aos traballadores e traballadoras dunha contrata de tal xeito que, se se produce o cambio de empresa, a nova ten que recoller todos os traballadores e traballadoras nas mesmas condicións nas que estaban na anterior, posto que son traballadores da contrata independentemente da empresa que teña a adxudicación.
Isto é o que pedimos para o 112 e que sería exixible para calquera contrata da Administración. Conseguilo, ou concedelo, só é cuestión de vontade política. A vontade que, a día de hoxe, lle falta á Consellería de Presidencia, algo que non acabamos de comprender.
Os traballadores e traballadoras das contratas non podemos estar suxeitos á precariedade que supón que arbitrariamente unha empresa poda deixarnos sen un traballo e sen uns ingresos que vimos mantendo desde hai anos. O noso salario permítenos manter a nosa vida e as nosas familias e iso non pode estar no aleiro cada vez que se saca a concurso o noso servizo. Supón unha inestabilidade que non se lle podería permitir a unha empresa privada e moito menos, polo tanto, a quen ten a responsabilidade de gobernar desde unha administración pública.
Pola nosa parte, mantemos esta exixencia por varios motivos:
1. En primeiro lugar porque a estabilidade laboral é o noso primeiro obxectivo. Non tería moito sentido negociar unhas condicións que o ano que vén, cando o 31 de maio remate a contrata, igual xa non nos afectan.
2. Non parece razonable que a Administración Galega non se comprometa realmente co emprego estable e de calidade. A Xunta debera ser a primeira en dar exemplo e non estar á cabeza da precariedade laboral. Ademais, hai que recordar que o dereito á subrogación non supón desembolso económico algun.
3. No caso do 112 só suporía a subrogación do 10% do cadro de persoal xa que o outro 90% xa ven estabelecido polo convenio colectivo do sector, polo que a falla de senbilidade para resolver este asunto semella aínda máis incomprensible.
4. Non nos podemos fiar da súa palabra. Sempre se nos di que non vai pasar nada e o certo é que até o de agora nunca pasou. Mais iso non é suficiente e o exemplo témolo no caso das 11 traballadoras de Galicia Dixital, dependente de Presidencia da Xunta, que, tras levar desde o ano 2000 no mesmo traballo pasando por varias empresas, se atopan agora co despedimento de toda a plantilla ao cambiar a contrata.
Cómpre polo tanto esixirmos da Xunta de Galiza, e nomeadamente á Consellería de Presidencia, un cambio real na súa política laboral que ben puidera ter o seu comezo no establecemento do dereito de subrogación para os traballadores e traballadoras das contratas. Só depende da vontade política.

[Ler máis]