24.6.08

A voltas co novo centro


Edificio de UU. MM. no complexo da CRTVG,
onde está situado, entre outros, o CAE 112


Nos últimos tempos, a localización do edificio propio do CAE 112, exixido pola lei, tense situado en multitude de lugares, desde a Academia Galega de Seguridade Pública, na Estrada, a zonas industriais en Santiago de Compostela ou en Oroso.

[Ler máis]

E isto produciuse sempre sen que os traballadores, que somos os principais afectados, fosemos informados por parte da empresa nin da administración. En concreto, na última reunión celebrada coa empresa MkPlan21, o venres 13 de xuño, a empresa indicou non coñecer ningún dato da nova localización posíbel. Contra isto, o día 21 do mesmo mes, La Voz de Galicia publicou unha nova co seguinte titular: "Oroso cede una parcela para construir la nueva sede del centro de emergencias", en referencia á parcela que este concello coruñés ofreceu á Consellaría de Presidencia, AA. PP. e Xustiza.

Todos os responsábeis recoñecen que o novo centro, que debería estar construído hai anos, debe reunir unha serie de características específicas, que fan inviábel a súa localización en calquera lugar. Porén, neste momento o CAE 112 realiza todas as súas actividades de xestión nun edificio de usos múltiples integrado no complexo da CRTVG, en San Marcos (Compostela).