22.5.08

MkPlan21 acepta reunión co persoal do 112

A resposta que agardábamos as traballadoras e os traballadores do 112 produciuse parcialmente onte mesmo, no momento de ser entregada a solicitude de reunión formal urxente coa empresa concesionaria do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia.

Blanca Maceira, Responsábel de Explotación Operativa do servizo, aceptou reunirse coa representación sindical das traballadoras e dos traballadores, malia indicar que a data e hora da mesma deberán ser posteriores á reunión que a propia empresa manteña coa xerencia da Axencia Galega de Emerxencias, aínda sen fixar. O persoal do 112 teremos que agardar, polo tanto, a disponibilidade de empresa e administración para se reuniren e poder así acordar o momento en que se celebre finalmente a reunión por nós solicitada.