21.5.08

MkPlan 21 continuará á fronte do servizo do 112

Hoxe, 21 de maio, soubemos que a empresa MkPlan 21 continuará á fronte da explotación do Servizo de Atención ás Emerxencias 112 Galicia. Desde a asemblea de traballadoras e traballadores agardábamos esta nova para solicitar unha reunión formal e urxente coa empresa gañadora do concurso, a fin de coñecer cales son os seus plans de futuro sobre as nosas condicións laborais. Hoxe mesmo, polo tanto, foi enviada unha solicitude de reunión para o vindeiro venres 30 de maio, agardando unha resposta o máis axiña posíbel.