Fene e Ribeira son as últimas vilas en unirse á extensa rede de nucleos de poboación tecida polas faixas, os cartaces e os adhesivos anunciando o conflito laboral no 112. Desde que as traballadoras e os traballadores da Central de Atención ás Emerxencias retomamos as mobilizacións, hai dúas semanas, as cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Compostela e Ferrol, así como as vilas de Ordes, Arzúa, Rianxo, Boiro, A Estrada, Forcarei, Lalín, Rodeiro, Chantada, Pantón, Monforte, Baiona, e diversos puntos dos concellos de Ames, Teo, Fornelos de Montes, e outros núcleos configuraron a rede que lugares onde o persoal do 112 estivo presente, informando á cidadanía. A estas mobilizacións hai que engadir o envío de cartas explicativas do conflito a todos os mais de 800 medios de extinción de emerxencias, desde os diversos parques de protección civil aos diferentes corpos de seguranza do Estado. Tal campaña de información levou varios medios de comunicación a interesarse pola nosa situación e, nas vindeiras semanas, convocarase unha rolda de prensa para todos os medios do país.