Xa comezamos a distribuír os 5000 autocolantes de varios tamaños que vimos de editar, visualizando máis aínda entre a cidadanía as nosas demandas de traballo digno e exixindo tamén así unha solución ao conflito laboral que mantemos coa Xunta de Galiza. O primeiro lugar foi Monforte de Lemos, durante o concerto de Manu Chao, onde se congregaron 2600 persoas, entre as que foron entregadas. Este novo material gráfico condensa unha vez mais a mensaxe que queremos transmitir á cidadanía: 1º) que existe un conflito laboral na atención ás emerxencias no país, 2º) que ese conflito incumbe a todas as galegas e todos os galegos e 3º) que a solución a ese conflito está nas mans da administración desde que estean dispostos a abrir negociacións serias co persoal do 112.
[Ler máis para ver imaxes]
5000 autocolantes
Repartindo autocolantes entre os 2600 asistentes ao concerto de Manu Chao, o sábado 17 en Monforte de Lemos