23.5.08

Bombeiros e Agrupacións apoian persoal do 112

Nos últimos días, o persoal do 112 que mantemos aberto o conflito coa administración estamos a recibir o apoio de varias agrupacións de Protección Civil, así como de diversos parques de bombeiros, como o de Boiro ou o de Santa Comba, tamén en negociacións coa administración para conseguir melloras laborais.

A estes apoios concretos, súmanse algunhas chamadas que o propio Centro de Atención ás Emerxencias está a recibir da parte de cidadáns e cidadás para expresaren o seu acordo coas mobilizacións, entendendo que os acordos laborais tamén se traducirán na mellora do servizo. As diversas mostras de apoio fortalecen aínda máis a decisión das traballadoras e dos traballadores do 112 a levar a cabo as mobilizacións previstas, a poucos días da asemblea xeral convocada para o luns 26 de maio.