11.3.12

10 de marzo: preparando a Folga Xeral


A CIG continúa coas mobilizacións conducentes á Folga Xeral do día 29 de marzo, conmemorando desta vez o día da Clase Obreira Galega en recordo dos traballadores do naval ferrolán Amador Rei e Daniel Niebla, asasinados pola policía franquista en 1972 cando participaban nunha mobilización sindical dos estaleiros da cidade. Unhas 20.000 persoas acudiron ás marchas convocadas pola CIG na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Compostela, Ferrol, Vigo, Vilagarcía e Ribeira.