A partir de hoxe, a Sección Sindical da CIG no 112 ten un novo voceiro, mensual e impreso, que se compatibilizará con este caderno dixital: o Liña Sindical. No primeiro número, a apresentación do proxecto, unha análise dos atrasos nas pagas extras, unha explicación de en que consiste unha Sección Sindical e por que é necesaria no 112, un avanzo sobre a nova reforma laboral pactada pola patronal e os sindicatos CC.OO. e UGT contra os traballadores e unha sección fundamental para todo o persoal do 112: novidades do sector das emerxencias. Porque o noso non é telemarketing. 112 Solución!