A Secretaría de Muller da CIG informa da
publicación no DOG da orde pola que se establecen as bases para a
concesión da prestación económica de pagamento único por fillos e fillas
menores de tres anos para este 2012. A Xunta volve excluír destas
axudas ás persoas que o pasado ano presentaron a declaración da renda,
aínda sen ter a obriga de facelo.
Poderán beneficiarse desta prestación aquelas persoas con
fillos/as nacidos entre o 2 de xaneiro de 2009 e o 1 de xaneiro de 2012 e
que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2010, nin elas nin
ningún membro da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a
declaración da renda correspondente a ese período, nin a tivesen
presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.
A
prestación consistirá nun pagamento único de 360 euros por cada crianza
menor de tres anos e o prazo para entregar as solicitudes estará
aberto até o vindeiro luns 26 de marzo.
Para consultar a orde publicada no DOG e descargar o formulario de solicitude, clic aquí.