Velaquí o "compañero" Viejo Fresno |
Finalmente fíxose público o laudo que lle da a razón á Mesa Eleitoral do 112 na exclusión das dez persoas que a empresa tentou meter pola brava no censo eleitoral. O ridículo feito por Telemark na arbitraxe e a non comparecencia de UGT tras ter apresentado unha segunda impugnación xa nos facía pensar que, por lóxica, a árbitro daría a razón á Mesa, como efectivamente aconteceu. O censo eleitoral volve ter 83 persoas: as persoas que si traballamos no 112.
Así as cousas, parece que a relación de Telemark e UGT non ten xa sentido no 112, especialmente despois de anunciarmos que demandaremos a Ana Blanco Antón, o mando intermedio da empresa e membro de Fes-UGT que chamou a diversos traballadores do 112 para coaccionalos. En calquera caso, temos xa algúns datos interesantes sobre señora en cuestión: sabemos que foi presidenta do Comité de Empresa de Telemark en León, que se movía en coche de empresa e que os seus excesos e o seu compadreo coa empresa provocaron, como mínimo, un intento de reprobala e que a USO arrasase nas últimas eleicións celebradas alí. Na actualidade, Ana Blanco é secretaria sectorial de seguros e oficinas de FeS-UGT. Tamén temos datos do "compañero" Miguel Ángel Viejo Fresno: no arbitrio, Pedro Osorio (que, por certo, se presentou como traballador afectado pola exclusión do censo) dixo que vive na Coruña e se encarga de negociar coa administración e cos proveedores galegos para o centro de Telemark en Santiago. Porén, no seu perfil de redes sociais, o tal Viejo Fresno di residir en León e traballar para Telemark en León. E, por certo, este señor estaba presente na reunión que mativemos xusto antes de que comezase a contrata con persoal de alta dirección de Telemark - incluído José Ángel Crego, presidente da empresa, e Susana Gª Panchón, responsábel de RRHH. Enfín, todo un "compañero". No laudo tamén foron revelados datos dos resto de persoas que a empresa pretendía colar no censo: Igor Coque del Río é o encargado da plataforma informática e corresponde a outra contrata, ao igual que José María Casas Leira e Raquel Costa Pombo; Cristina Fernández Ámez é a técnico de contabilidade que confecciona (mal) as nosas nóminas; Beatriz Moyano Álvarez é a xefa de formación de Telemark; e Pablo Pérez Rubio é o responsábel do departamento de Tecnoloxía para todo Telemark. Velaí as persoas que non coñecíamos de nada e que a Mesa decidiu eliminar do censo con bon criterio, como fica xa acreditado pola xefa da Inspección de Traballo. Agora, finalizado o segundo prazo de presentación de reclamacións sen que a empresa nen UGT fixesen novos movementos, parece que as eleicións se vaian desenvolver por fin coa necesaria normalidade. Serán capaces de mantela até o 7 de marzo para podermos votar e terminar con isto dunha vez por todas?
O que está claro é que, aínda cando o laudo nos dá a razón aos traballadores, si conseguiron o seu obxectivo de ternos o maior tempo posíbel ocupados no proceso. Un proceso que nós non teríamos ningún interese en convocar de non ser polas sospeitas de que Telemark tentaría influir nel. E, coa perspectiva do tempo, só podemos comprobar que estábamos no certo. Quen sabe o grao de penetración e influencia que a empresa tería atinxido se tivésemos tardado un par de meses mais en convocar o proceso!
Documentación (clica para veres):
O que está claro é que, aínda cando o laudo nos dá a razón aos traballadores, si conseguiron o seu obxectivo de ternos o maior tempo posíbel ocupados no proceso. Un proceso que nós non teríamos ningún interese en convocar de non ser polas sospeitas de que Telemark tentaría influir nel. E, coa perspectiva do tempo, só podemos comprobar que estábamos no certo. Quen sabe o grao de penetración e influencia que a empresa tería atinxido se tivésemos tardado un par de meses mais en convocar o proceso!
Documentación (clica para veres):