
O departamento de nóminas de MkPlan21 é unha desfeita. Até aí nada novo. Levamos varios meses comprobando que hai irregularidades no pagamento ao persoal do 112, e o caso dos extras de nadal non foi menos. Todo o contrario, porque as irregularidades non foron iguais para todos, nen moito menos. Na última reunión celebrada coa empresa, no día de onte, transmitimos o malestar dos traballadores e traballadoras, que en certos casos chegaron a cobrar até 300€ por debaixo do que lles correspondía.
A responsábel de explotación operativa do CAE 112 Galiza, Blanca Maceira, indicou que, da parte do centro xa se tiñan feito varias reclamacións - polo visto, con ningún efecto. Polo tanto, desde o comité de empresa, decidimos realizar unha reclamación formal, porque entendemos que facer correctamente oitenta nóminas, a maior parte das cais son idénticas, non é imposíbel se hai boa disposición.