10.6.08

112 tamén en Lugo

Faixa nun dos accesos á cidade de Lugo.
- Xunta culpábel -

Na última semana foron varias as accións que realizamos na provincia de Lugo: a propia capital e os concellos de Guitiriz, Vilalba e Viveiro xa teñen despregadas as faixas e os cartaces reclamando unha solución necesaria e culpabilizando de maneira clara á Xunta de Galiza, que segue parada, negándose así a asumir calquera responsabilidade. Únense, deste modo, ás zonas do sur da provincia (Chantada, Monforte e Pantón) onde xa estivemos presentes. E a iso hai que sumar a mesa informativa que se celebrará na capital o xoves 12, onde estaremos presentes; e tamén outra mesa proxectada para a comarca da Mariña nas próximas semanas.



Persoal do 112 segue a traballar na campaña de información
- Solución é equiparación -